Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Facer Camiño’ chega o venres ao Museo de Arte de Corme

Ponteceso. A Real Academia Galega de Belas Artes inaugurará o venres, día 17 ás 19.00 horas, a exposición artística itinerante Facer Camiño no Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte, ubicado en Corme (Ponteceso). Ao acto asistirán o alcalde pontecesán, Lois García; o presidente da RAGB, Manuel Quintana Martelo; e a presidenta da Fundación Torre-Pujales, Cristina Torre Cervigón.

A mostra asocia a arte co Camiño de Santiago. Tras percorrer en 2020 as sete grandes cidades galegas e outras vilas como Cee, Tui e Mondoñedo, concellos asociados ao territorio histórico das rutas xacobeas, agora chega a Corme onde se poderá visitar ata o vindeiro día 17 de outubro.

A comisaria da exposición e académica da sección de Expertos nas Artes, Asunta Rodríguez, realizou unha selección de vinte e tres pezas que inclúen pinturas, esculturas e fotografías de diversos académicos e artistas galegos. En concreto, esta exposición acolle obras de Manuel Buciños, Acisclo Manzano, Rafael Úbeda, Manolo Paz, Manuel Quintana Martelo, Din Matamoro, Menchu Lamas, Ignacio Basallo, Xurxo Lobato, Miguel Anxo Prado, Soledad Penalta e Xosé Díaz. Estes artistas visuais abren os seus mundos e reflexionan desde o proceso creativo cal é o seu modo de facer camiño.

15 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.