Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Formoso compromete o apoio do PSdeG para que se axilice a circunvalación

CARBALLO. O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González, expresou o seu apoio ás demandas da Asociación de Empresarios do Polígono de Carballo, logo de manter unha xuntanza cos seus representantes. Anunciou que os socialistas reclamaranlle á Xunta que nos orzamentos do vindeiro ano inclúa unha partida para retomar o proxecto para construír a circunvalación, que “permitiría evitar que todo o tráfico pesado que entra e sae da zona teña que pasar polo casco urbano do municipio e deixe de afectar incluso a zonas escolares, tal e como sucede agora”.

Tamén expresou o apoio do PSdeG á petición de aumento de chan industrial, e revindicou unha ampliación do polígono que “a Xunta, a través de Xestur, xa debería estar facendo”. Ademais, González Formoso incidiu na necesidade de actualizar e dixitalizar o parque empresarial nos ámbitos “que demanda hoxe en día a economía produtiva, e que son as telecomunicacións”.

Á marxe da necesaria circunvalación, apostou por mellorar as infraestruturas dun polígono que presta servizo loxístico á comarca e, sobre todo, a Carballo. Demandou a implicación na súa mellora de todas as administracións, algo para o que comprometeu o apoio da Deputación. M. L.

15 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.