Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Formoso e Inés Rey avalaron a Palomi Rodríguez como candidata na Laracha

A Laracha. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, participou na presentación da candidata socialista á alcaldía da Laracha, Palomi Rodríguez Castiñeira, á que definiu como “a mellor garantía para acadar o cambio político que necesita este municipio”. Tamén avalou á cabeza de lista a rexedora da Coruña, Inés Rey García.

González Formoso salientou “a capacidade e valía persoal” de Palomi Rodríguez, á que lle brindou “todo o apoio do partido para que A Laracha recupere o dinamismo económico e social que precisa”. “Non todos teñen a sorte de que unha traballadora incansable e con ampla experiencia se implique na vida da súa vila e faga propostas para resolver os problemas da xente. Palomi sabe escoitar, coñece ben o seu concello”, engadiu González Formoso.

A representante socialista declarou que sente que a veciñanza “quérese volver ilusionar cun goberno con ideas novas para darlle vida á Laracha”. Comprometeuse a promover “que todos teñan voz na xestión municipal” e a implantar novas iniciativas no eido do emprendemento, a recollida de plásticos agrícolas porta a porta, a eliminación dos puntos negros da banda ancha e medidas de apoio aos maiores. M. L.

15 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.