Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Fotografías para lembrar como era o Carballo de anos atrás

O 2 de marzo de 2020 instalarase na rúa Hórreo o primeiro dunha serie de paneis que inclúen fotografías antigas de Carballo e que permitirán comparar un mesmo espazo público en distintas épocas históricas. Esta semana quedou colocado o segundo, na ponte que lle dá nome ao barrio da Milagrosa. De non ser pola capela e o convento, que se ven ao fondo á dereita, non sería doado recoñecer o cruce das rúas Berdillo, Compostela, Cemiterio Vello e Avenida da Milagrosa tal como podían velo os carballeses e as carballesas de hai un século. A iniciativa forma parte do proxecto Carballo na memoria, que continúa a medrar coas achegas da cidadanía e conta xa con máis de 2.000 fotografías dixitalizadas.

Grazas a ese gran fondo documental, co que convidan a seguir colaborando, poderase seguir estendendo o proxecto a outros espazos públicos. Os interesados poden contactar co Concello a través do enderezo comunicacion@carballo.gal para que poidan escanear as súas fotografías antigas e devolverllas en perfectas condicións xunto cunha copia dixital.

Dentro dese proceso de recuperación da memoria histórica tamén está a lona colocada nas antigas escolas do xardín co gallo do 90 aniversario da súa construción, xa no 2019, no que tamén cumpriron 90 anos a Praza de Galicia (antes Praza da Liberdade) e o Mercado Municipal. Co gallo desa efeméride, o historiador local Xan Fraga Rodríguez elaborara un libriño que segue a disposición das persoas interesadas, de balde e ata fin de existencias, na Casa do Concello.

18 sep 2021 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.