Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 23 junio 2021
02:00
h

Fracasa a moción de censura contra o alcalde Lois García

O rexedor de Ponteceso fixo un chamamento

O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García, facía onte un chamamento “á cordura da Corporación municipal” ante a moción de censura presentada na casa consistorial. E é que, segundo afirmou o rexedor, “non cumpre os requisitos legais”, sentenciou.

“Como alcalde, estou dedicado todos os días ao progreso do noso concello, nun momento moi complicado para a saúde e a economía da nosa xente”, sinalaba García en alusión á crise sanitaria, e engadía unha solicitude: “Pido aos e ás asinantes da moción de censura que desistan no seu intento de suplantar a vontade dos electores expresada nas urnas”.

Apuntou asemade que “cando cheguen as próximas eleccións, poderán presentarse e o electorado falará. Ata entón, temos que chegar a acordos que favorezan os intereses dos veciños e veciñas de Ponteceso. A miña porta continúa, sempre, aberta”, asegurou.

Foi o pasado sábado, día 1 de maio, cando se coñecía que os cinco concelleiros non adscritos (exsocialistas) de Ponteceso, xunto cos portavoces do PP e APIN, presentarían a moción de censura no día de onte contra o actual alcalde (do PSOE, con 3 edís). Unha decisión que se vía frustrada ante o informe negativo da secretaria municipal. E é que hai que lembrar que os cinco concelleiros non adscritos foron expulsados do PSOE a finais de 2020 por actuar de forma “reiterada” contra as normas do partido. Esta circunstancia impediu que o rexistro da moción saíse adiante, xa que segundo a lei actual son considerados como tránsfugas.

Raquel Fondo, a edil non adscrita que se postulaba como candidata á alcaldía a través da moción, avanzou que recurrirán a decisión ante os tribunais ao considerar “inxusto” que os seus votos non sexan tidos en conta. “Nosotros no nos consideramos tránsfugas, ellos (los socialistas) nos echaron fuera del partido sin ningún tipo de explicación”, manifestou. Ademais, lamentou que ao non saír adiante a moción de censura, vaia a continuar a situación de bloqueo en Ponteceso ante o que considera unha negativa do alcalde a “llegar a acuerdos” cos demais integrantes da Corporación municipal. “Nosotros hemos sido capaces de reunirnos todos juntos y llegar a un acuerdo”, dixo, e anunciou que seguirán “luchando hasta el final” por Ponteceso e os seus veciños e veciñas.

Pola súa parte, noutro comunicado, a dirección do PP da provincia da Coruña aseguraba ser “consciente” das “dificultades jurídicas” que había para que a moción de censura prosperase. Con todo, asegurou que “resultaba el mejor mecanismo para poner de manifiesto, una vez más, la soledad en la que se encuentra el regidor dentro del gobierno municipal”. “En estos momentos, Ponteceso vive una situación inadmisible desde todos los puntos de vista, con un ejecutivo local en clara minoría, aislado políticamente y, lo que es peor, incapaz de gestionar el día a día del municipio”, sinalou o PP provincial. Os populares apuntaron que “los vecinos son los principales perjudicados de un problema generado por la crisis interna que vive la agrupación local del PSOE, de la que se han marchado al grupo de los no adscritos 5 de los 8 concejales que fueron elegidos democráticamente en las urnas”.

Por todo isto, dende a dirección do PP da Coruña insistiu na “obligación” que consideran teñen tanto o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, como o secretario provincial do PSdeG, Valentín González Formoso, de “tomar cartas en el asunto” y “resolver una crisis interna” que, conforme apuntan, “pasa por la dimisión de García Carballido como alcalde de Ponteceso”, sentenciaron.

PLAN ÚNICO
Muxía loita polo POS

··· Un caso semellante ao de Ponteceso é o de Muxía, dado que ambos se enfrontan a unha posible perda do Plan Único.

··· O executivo local de Muxía leva varios días mantendo reunións cos representantes da Deputación da Coruña para intentar recuperar os máis de 50.000 euros que incluía o Plan Único. Foi o pasado mércores cando quedaba bloqueado ao ser rexeitado polos membros da oposición.

··· O goberno, liderado por Iago Toba, está a estudar todas as opcións viables para que Muxía non se quede sen uns recursos económicos que son “fundamentais para o progreso e o avance do municipio”.

04 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.