Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Premios á creatividade na Laracha

Bergantiños. O alcalde da Laracha, José Manuel López, e a concelleira de Cultura e Ensino, Patricia Bello, fixeron entrega dos doce agasallos aos premiados nos concursos de postais e contos de Nadal organizados polo Concello. En todos os casos os premios consistiron en libros, material educativo e xogos adaptados ás idades dos gañadores.

Os premiados no Concurso de Postais na Categoría A (educación infantil) foron os alumnos da aula de 4º de infantil do CEIP Otero Pedrayo, os de 5º de infantil do CEIP de Caión e os de 6º de infantil do CEIP Alfredo Brañas. Na Categoría B (primeiro ciclo de educación primaria) recibiron premio Sara Bauman Lorenzo (2º de primaria do CEIP de Caión); Jimena Viturro Domato (2º de primaria do CEIP Alfredo Brañas); e Álvaro Seoane Castro (1º de primaria do CEIP Otero Pedrayo). E na Categoría C (segundo ciclo de educación primaria) foron Sofía Bello Rodríguez (4ºB de primaria do CEIP Otero Pedrayo), Zoe Pérez Pedreira (4º de primaria do CEIP Alfredo Brañas); e Neo Suárez Iglesias (4º de primaria do CEIP de Caión).

No certame de contos os premiados foron Marta Señarís Sánchez (CEIP Alfredo Brañas) por La bola mágica de Caperucita, Nahia Lahlali Lorenzo (CEIP de Caión) por Unha estrela na noite e Inés Martínez Granados (CEIP Alfredo Brañas) por El calcetín de Sarah. firma

27 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.