Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Habilitadas 130 prazas de aparcamento en Carballo

Bergantiños. Tras a instalación das ramplas nos accesos, xa está dispoñible a nova área de aparcamento gratuíto situada na zona da Cristina, en Carballo, situada nas priximidades de servizos públicos coma o Pazo da Cultura, o INSS ou a Tesourería da Seguridade Social e tamén á zona comercial e de servizos existente nese ámbito. Son 3.600 metros cadrados de superficie, o que supón unha capacidade duns 130 vehículos.

Con este novo espazo, na contorna do Pazo da Cultura poderán estacionar máis de 600 vehículos, sen contar as prazas existentes nas propias rúas. Nestes momentos están en marcha as obras de acondicionamento doutros dous espazos na rúa Gravador Facal, un deles no cruce coa rúa Vila de Negreira, que permitirán habilitar outras 50 prazas, aproximadamente, a escasos metros da Praza do Concello.

A escasos minutos a pé do centro sitúase tamén a principal bolsa de aparcamentos con máis de 800 prazas para vehículos repartidas nunha ducia de parcelas da contorna do Rego da Balsa. O aparcamento situado no exterior do Centro Comercial Bergantiños, neste caso en terreo municipal, é, coas súas 210 prazas, o máis grande de Carballo. O resto das prazas repártense polos barrios do Hospital, A Granxa, A Milagrosa, O Chorís, o San Martiño e o centro, buscando sempre emprazamentos o máis próximos posible ás zonas comerciais e de servizos.

Mediante o sistema de comodato, que consiste na cesión provisional do solo por parte dos seus propietarios a cambio da exención de impostos, “o noso concello é hoxe en día un referente en Galicia, e o modelo carballés xa se está a aplicar noutros concellos”, afirman dende o goberno local. Unha das condicións do comodato é que a propiedade pode recuperar o seu uso cando o precise. As persoas interesadas en ceder os seus solares mentres non os precisen para outro destino poden poñerse en contacto co Concello no 981704100 ou a través do enderezo electrónico infocarballo@carballo.gal.

23 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.