Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘La Reina del pueblo’ e ‘Mataría’ conquistan o Carballo Interplay

A oitava edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que se celebrou dende o mércores na capital de Bergantiños e na rede, a través do streaming, pechou o telón na noite do sábado coa gala de entrega de premios ás mellores series para web na que triunfaron a revisión post-millennial do costumbrismo castizo en clave de humor La Reina del pueblo e o humor repunante servido en cómodas doses de Mataría.

O xurado composto por David Pareja, Henar Álvarez, Fer Epelde, Sara Varela e David Fidalgo outorgoulle a La reina del pueblo os premios a Mellor serie estatal, dotado con 800 euros e trofeo, e mellor guión, para Raúl Navarro, dotado con 200 euros e trofeo. O de Mellor serie en versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e trofeo, foi para Mataría, que tamén recibiu o do Público. O premio para Mellor serie internacional, dotado con 800 euros e trofeo, foi para a comedia épica dende o interior dun videoxogo Mortal Glitch e o de Mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo, para Beatriz Abad por Riders, unha dramedia que desquicia a resistencia social en tempos pandémicos.

O xurado novo, composto por Sara Riveiro, Lúa Pagán e Tania Prieto decidiu outorgar o seu premio, dotado con 400 euros e trofeo, a Psicóticas Inseguras, unha comedia xeracional chilena feminista, subversiva e terapéutica.

PREMIO AO MELLOR PROXECTO DE WEBSERIE EN GALEGO. Pola súa banda, o xurado composto por Lucía Estévez, Javi Camino, Andrea Villa e Xose Regueira decidiu outorgar o Premio ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 3.000 euros para a produción dos tres primeiros capítulos, a Pringadas, de Belén Puime, pola necesidade de contidos en galego enfocados á xeración Z, por afondar e conectar coa súa realidade e pola liberdade dunha proposta que fuxe dos estereotipos. A serie estrearase na próxima edición do Carballo Interplay.

12 sep 2021 / 11:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.