Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Laxe pechou cun grande éxito o seu Mercado Pirata

LAxe. A localidade de Laxe puxo punto e final a tres días de festa coa celebración do IX Mercado Pirata, que se desenvolveu na vila dende o venres pola tarde. Eventos Los Templarios, en colaboración co Concello, foi o encargado de organizar unha programación dinámica e diversa que congregou a centos de persoas. Durante tres xornadas a Praza dos Voluntarios da vila retrocedeu no tempo grazas a unha espectacular recreación histórica onde a música e a gastronomía foron as auténticas protagonistas. Postos de alimentación e artesanía, carrusel ecolóxico e moita animación cultural lograron que tanto a veciñanza de Laxe como as persoas visitantes gozaran dun evento único na Costa da Morte. O mercado abriu o venres, o sábado e o domingo ata as once da noite e cada xornada pechouse cun espectáculo de lume. Dende o goberno local móstranse moi satisfeitos dun Mercado Pirata “moi especial, moi noso, e ogallá que poidamos seguir desfrutando del moitos anos máis”. a. g.

09 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.