Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Cultura. No 1933 estreouse na capital local o ‘Retablo de Fantoches’ // Títeres, música e fotografías fixeron rememorar o acontecido hai 87 anos TEXTO J. M. Ramos

Malpica reviviu as súas Misións Pedagóxicas

A veciñanza de Malpica de Bergantiños celebrou o domingo o oitenta e sete aniversario da chegada das Misións Pedagóxicas en outubro de 1993 á vila bergantiñana.

Foi o 20 de outubro do devandito ano cando se estreou en Malpica o Retablo de Fantoches, unha función de títeres que botou a andar nesta vila mariñeira, e que despois se representaría por todo o Estado español. Unha iniciativa impulsada por José Valle de Omar, Ramón Naya, Fernández Mazas, Miguel Prieto, Urbano Lugrís e Rafel Dieste.

O obxectivo destas misións era achegar aos pobos máis pequenos bibliotecas, lecturas, conferencias, audicións musicais, exposicións, proxeccións cinematográficas e representacións teatrais.

Deste xeito buscábase fomentar a cultura a través de bibliotecas e espectáculos itinerantes alí onde non chegaban este tipo de actividades.

En Malpica levan varios anos lembrando esta importante acción pedagóxica e impulsaron unha exposición fotográfica, que segue medrando cada ano coas aportacións da veciñanza que garda nos seus álbums familiares imaxes de tan sinalada data. Pode verse no Centro Cívico da capital municipal, e o domingo organizouse unha visita á mesma, guiada por Xurxo Alfeirán.

Debido ás limitacións motivadas pola crise sanitaria do covid-19, a programación cultural para conmemorar as Misións Pedagóxicas tivo que adaptarse ás circunstancias. A pesar diso, os asistentes puideron desfrutar da sesión de títeres titulada Novos lobos e das actuacións musicais e de bailes tradicionais protagonizadas polos membros da agrupación Xacarandaina.

26 oct 2020 / 18:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.