Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Medallas ao voluntariado de Malpica

A agrupación de voluntarios de Protección Civil de Malpica recibirá nove condecoracións concedidas pola Asociación Nacional de Voluntarios. Ditos recoñecementos serán serán entregadas o vindeiro 7 de maio, nun acto que se celebrará na Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada. Serán recoñecidos con medallas de Mérito e Recoñecemento á Antigüidade e a Constancia nas categorías de Bronce, Prata e Ouro. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, asegura que “é un recoñemento ao traballo e o esforzo de todos e todas as persoas que colaboran como voluntarias e que mostran o seu compromiso diariamente”. Agradece o labor de “todos os que veñen de ser recoñecidos e ao conxunto de voluntario de Protección Civil do noso concello”.

Na categoría de Bronce con distintivo branco será recoñecido David Varela Abelenda; e con distintivo laranxa Carlos Antonio Formoso Canto e Marco Antonio Ures García. Na categoría de Prata con distintivo vermello a medalla será entregada a Eduardo Rubén Díaz García e Iván Lema Botana. Na categoría de Ouro recibirán medallas distintintivas Emilio Sayans Bonachera, Daniel Vázquez Añón, José Antonio Alfeirán Regueira e Adrián Verdes Suárez.

Trátase duns distintivos que recoñecen o esforzo e compromiso dos voluntarios e do Concello de Malpica a prol da seguridade e a asistencia en urxencias. A Asociación Nacional Nacional de Agrupacións de Voluntarios Protección Civil (ANAV) concede estes galardóns como recoñecemento e agradecemento público polas accións, dedicación e apoio dos voluntarios, agrupacións, servizos, entidades e administracións públicas e privadas e empresas e corpos relativos á seguridade, emerxencias e a Defensa Nacional.

23 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.