Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 05 diciembre 2022
14:07
h

Melloras viarias na Laracha e na rede rural doutras catro parroquias

A Laracha. O alcalde, José Manuel López Varela, e o representante da empresa Canarga S.L., formalizaron o contrato de execución do proxecto de mellora da rede viaria nas parroquias de Torás, Cabovilaño, Coiro, Golmar e Vilaño, que presenta un orzamento superior aos 150.000 €.

As actuacións que contempla na capital municipal (parroquia de Torás) localízanse nas rúas Río Anllóns, Río Bradoso e Eusebio Bértoa, nas que vai ser aplicada unha nova capa de aglomerado asfáltico en quente. Completaranse os traballos co repintado das rúas e das zonas de aparcamento.

O resto de intervencións será en estradas rurais e están afectados polo proxecto preto de 4,2 quilómetros da rede viaria municipal. As obras consistirán na mellora da superficie de rodadura dos vehículos e a correspondente sinalización horizontal e vertical.

En Cabovilaño as actuacións levaranse a cabo no núcleo de Oldán e os seus accesos. En Coiro actuarase na estrada que dá acceso á ferraría, A Riba e Compañeiro, e tamén na que vai desde A Ferrulleira ata Requesende, xa na parroquia de Golmar.

11 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.