Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mobilizacións do persoal de Domus Vi en demanda dun novo convenio

Concentraranse diante do centro residencial carballés o venres, e
o luns sairán ás rúas

Carballo. As traballadoras da residencia de maiores DomusVi de Carballo están a desenvolver un calendario de mobilizacións no marco da folga indefinida convocada por CIG, CCOO e UGT en demanda “dun convenio colectivo digno” para o persoal das residencias privadas.

Ante “os abusivos servizos mínimos decretados pola Xunta do 100%, que na práctica imposibilitan o exercicio do dereito fundamental á folga, para darlle visibilidade á súa loita as traballadoras acordaron concentrarse todos os luns e venres diante do centro de DomusVi carballés”, indican dende a CIG.

O persoal xa realizou protestas o pasado venres 18 e o luns 21 de marzo, e o próximo venres, 25 de marzo, teñen convocada concentración ás portas da residencia de 14.30 a 15.00 horas. Para o luns 28 de marzo, ademais, farán unha manifestación que sairá da residencia ás 14.30 horas e percorrerá as rúas de Carballo para rematar diante da Casa do Concello.

Dende o inicio do paro o pasado xoves 17, o persoal das residencias está a protagonizar protestas para trasladar á rúa “un conflito que vai máis alá de ser estritamente laboral ao tratarse dun sector que cumpre unha importante laboral social como é o coidado das persoas maiores”, sinalan. Aseguran que o persoal das residencias privadas, maioritariamente mulleres, “leva dous anos sen convenio colectivo e sen o incremento salarial pactado, que tería que se corresponder co IPC e alcanzar, polo tanto, o 6,5%. E co agravante de que as empresas si comezaron a aplicar esa suba, que é duns 80€/mes, a cada persoa usuaria e que tamén a Xunta de Galiza incrementou nesa porcentaxe a cantidade que destina a estes centros”.

23 mar 2022 / 19:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.