Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Música, barcos de papel, concursos e xogos para amenizar a Festa do Bosque

Carballo. O San Xoán 2022 chegará ao seu fin coa tradicional Festa do Bosque, que se celebrará o domingo 3 de xullo. Un encontro familiar e interxeracional que estará amenizado con actividades para todas as idades.

Será o día de estender o mantel no Bosque do Añón para desfrutar dun xantar campestre na compaña de familiares e amigos. A partir das 13.00 horas achegaranse ao referido espazo natural os músicos de O tren da unha para amenizar a sesión vermú. No só se poderá gozar da mellor gastronomía que cada grupo levará da súa casa, senón que tamén haberá premios para as sobremesas. O popular concurso está patrocinado este ano pola Confitaría San Luís.

Para facilitar a dixestión, ás 17.30 horas dará comezó unha sesión de xogos populares que, unha hora máis tarde, dará paso á 108 edición do Campionato Mundial de Baixada de Augas Doces de Barcos de Papel. Neste caso, os competidores deberán inscribirse a partir das cinco e media do serán. A proba deste ano conta co patrocinio de Zocas, Mmmm! Xeados, Ferretería Arán, Libraría Clarió e Fanucha’s Creadora de Dulzura. O fin de festa chegará coa música do Dj David.

Non obstante, non será un fin, senón só o comezo dun intenso verán cultural, que terá continuidade do 7 ao 10 de xullo cunha nova edición da Praza dos Libros para encher o Xardín Municipal de creatividade e imaxinación con contacontos, música, danza, libros, presentacións e moitas outras propostas. Nese mes de xullo figuran tamén os concertos de Bellón Maceiras & Mamá Cabra (día 8), Xosé Lois Romero & Aliboria (día 9). Xurxo Fernandes (día 22) e Uxía e Javier Ruibal (día 29). E o 15, Nova Danza Galega presentará o espectáculo Leira. M. LAVANDEIRA

22 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.