Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Novo peche e mobiliario urbano para o Museo dos Muíños de Auga de Golmar

Alumnos-traballadores do obradoiro A Laracha VI renovarán os equipamentos doutros espazos públicos do municipio

A especialidade de carpintería e moble do Obradoiro de Emprego A Laracha VI comezou a acometer as labores previstas no entorno do Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte, de Golmar, consistentes na renovación do peche perimetral, da tarima de madeira e do mobiliario urbano (bancos e papeleiras).

A intervención comezou co traballo no taller para a fabricación das estruturas de madeira e conclúe agora coa colocación das mesmas. O alcalde José Manuel López Varela, e a concelleira de Emprego, Rocío López, acudiron ata Golmar para coñecer o resultado desas actuacións.

O traballo no taller estivo a centrar a actividade durante as últimas semanas, durante as que os alumnos traballadores, baixo a supervisión do persoal docente, elaboraron tamén o mobiliario urbano que se instalará en próximas datas en diferentes puntos do termo municipal para renovar os equipamentos actualmente existentes. Ademais, esta especialidade de carpintería de madeira ten prevista outra actuación consistente na mellora do paseo fluvial do Anllóns.

O Obradoiro de Emprego A Laracha VI conta con outra especialidade, a de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, que centra as súas intervencións na posta en valor da área recreativa de Gabenlle e na zona verde situada nas inmediacións do parque empresarial.

23 abr 2021 / 16:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.