Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O alumnado do EFA Fonteboa de Coristanco visita o polígono carballés

Este martes coñeceron a historia e características do parque empresarial e analizaron varias empresas

Carballo. Un total de 57 alumnos de 3º y 4º da ESO do Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa de Coristanco visitaron onte pola mañá o polígono de Carballo. O alumnado tivo a oportunidade de coñecer, a través dun encontro coa xunta directiva da Comunidade de Propietarios, a historia e as principais características do parque empresarial. Posteriormente, fíxéronse varios grupos para realizar unha visita guiada por algunhas das empresas instaladas no polígono. A actividade finalizou no centro Fonteboa onde os alumnos tiveron que realizar un traballo e unha exposición diante dos seus compañeiros sobre empresa visitada por cada grupo. Segundo comunicaron dende a xerencia do polígono, as tarefas permitiron que os mozos teñan unha idea máis ampla sobre a realidade empresarial do polígono.

Esta visita forma parte das sucesivas colaboracións que mantén o polígono carballés cos diferentes centros de ensinanza da zona como é o caso do IES Parga Pondal, onde os estudantes de 2º de bacharelato recibiron recentemente unha charla. Ademais, de xeito regular colaboran co IES Monte Neme na difusión da Formación Profesional Dual e do seu programa de prácticas.

11 mar 2021 / 12:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.