Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O BNG reiterará ao Goberno unha solución á acumulación de area no paseo de Laxe

O BNG anuncia que presentará unha nova iniciativa no Congreso dos Deputados para acadar “unha solución definitiva” ao problema de acumulación de area na parte baixa do paseo marítimo de Laxe, logo da resposta recibida ás preguntas formuladas polo deputado Néstor Rego, que califican de “tomadura de pelo e unha falta de respecto”, segundo sinala o portavoz nacionalista laxense, Xosé Manuel Pose.

Rego preguntara si o Goberno coñecía a problemática que supón a acumulación de area no paseo marítimo de Laxe, o cal provoca inundacións e a colmatación do fondo do porto, e si se comprometía a estudar como afectou a construción do dique ás correntes mariñas e a dar unha solución ao problema.

A resposta do Goberno, limitouse a unha escueta frase sinalando que o porto de Laxe está transferido á Comunidade Autonóma de Galicia. A este respecto, Xosé Manuel Pose asegura que “as competencias dunha hipotética retirada da area son exclusivas do Estado”.

05 mar 2021 / 18:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.