Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Concello carballés distribuirá 1.200 máscaras reutilizables entre todo o alumnado de ESO

Xa se entregaran 2.500 aos nenos e neas de Infantil e Primaria // A iniciativa leva o nome “Construíndo igualdade”

Carballo. Coincidindo coa volta ás aulas na totalidade dos centros, a vindeira semana, a Concellaría de Igualdade e Benestar de Carballo repartirá 1.200 máscaras homologadas, reutilizables e fabricadas en Carballo entre todo o alumnado de ESO. Antes do Nadal xa se realizou un primeiro reparto de máis de 2.500 cubrebocas entre os nenos e nenas de Infantil e Primaria.

Con esta iniciativa, a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures, pretende que, ademais dunha función sanitaria imprescindible nestes momentos, se axude a reducir o gasto que as familias teñen que realizar para poder dotar aos nenos e nenos da protección necesaria fronte á COVID. Deste xeito, as máscaras que se están a repartir, tanto en Infantil e Primaria coma en ESO, levan o lema “Construíndo igualdade”, xunto con dúas pezas de crebacabezas.

09 ene 2021 / 12:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.