Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O luns comeza o prazo en Cabanas para solicitar as seis viviendas

estes fogares sociais destinados a unha ocupación temporal

Cabana de Bergantiños. O Concello de Cabana abrirá este luns o prazo de inscrición para solicitar a ocupación temporal das vivendas sociais. Poderá facerse nas oficinas municipais ata o vindeiro 6 de outubro.

A administración local posúe seis fogares destinados a ocupación temporal social co fin de asegurar unhas condicións dignas de vivenda a aquelas persoas que se atopan nunha situación económica na que contan con recursos insuficientes para acceder ao mercado de vivendas en ocupación temporal.

No caso de que algunha solicitude fose incorrecta ou se omitira a presentación dalgún documento, outorgarase un prazo de 10 días para emendar os erros. Poderán optar todas aquelas persoas que non puidesen acceder a unha vivenda de ocupación temporal a prezo de mercado que sexan maior de idade ou menor con emancipación concedida e non ter incapacidade de obrar para obrigarse de xeito contractual de acordo co Código Civil. Tamén deberán acreditar a residencia legal, efectiva e continuada no Concello de Cabana de Bergantiños durante un período de, cando menos, seis meses.

O prazo de autorización da ocupación temporal das vivendas sociais será de dous anos, contado desde a data de formalización do documento administrativo da cesión. Crearase unha listaxe onde figuren todas as persoas solicitantes, segundo a orde de puntuación obtida, e no caso de igualdade terase en conta a data de presentación. arca

18 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.