Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O PP cre que o problema da auga de Corme pode ser debido a unhas obras

García Cotelo pide ao alcalde que “faga algo máis que de showman nas redes sociais e se poña a traballar” e dende o PP solicitan “unha vez máis que saque a concurso o ciclo da auga, que despois de cinco anos segue no caixón da alcaldía e non sabemos por que”.Ponteceso. O portavoz do PP, Daniel García, asegura que “dado que o alcalde, Lois García (PSOE) está ausente” decidiron investigar o problema da turbidez da auga en Corme dende hai máis de 20 días “e parece que as obras de repotenciación do parque eólico son as culpables desta nova desfeita”. Uns traballos que, sinala, se están realizando á altura do lugar de Fontenla, “por onde baixa un regato que abastece o depósito de Cuíña que, á súa vez, nutre de auga a parte de Corme”. De feito, engade, “non é casualidade que a empresa concesionaria do servizo cambiara a orixe do abastecemento, pois nestes intres estase a bombear dende o río Anllóns”. Dende o PP pregúntanse “quen controla as obras o parque eólico?” e cal vai ser a solución “co depósito que agora está pechado polo mal estado da auga” e se ten que “seguir con medo a veciñanza ante calquera problema no subministro”.

García Cotelo pide ao alcalde que “faga algo máis que de showman nas redes sociais e se poña a traballar” e dende o PP solicitan “unha vez máis que saque a concurso o ciclo da auga, que despois de cinco anos segue no caixón da alcaldía e non sabemos por que”.

16 feb 2021 / 19:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.