Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O PP urxe á Deputación para ampliar a DP-1916 ao seu paso por Baldaio

O grupo do Partido Popular de Carballo fixo chegar ao pleno da Deputación, a través do seu viceportavoz, Evaristo Ben, a necesidade de que a institución provincial redacte coa “máxima urxencia posible” un proxecto que permita a ampliación da estrada DP-1916, que enlaza coa DP-1909 coa praia de Baldaio nunha zona coñecida como Pedra do Sal.

Os populares explicaron que o proxecto é unha vella demanda que os veciños da zona trasladaron no seu día aos responsables do Partido Popular no Concello de Carballo, e que ten como obxectivo garantir a seguridade viaria nesta zona. Cunha lonxitude de aproximadamente de 3 Km, a estrada, explicou o popular Rubén Lorenzo, soporta moito tráfico de vehículos, tanto dos veciños das parroquias da zona (entorno a uns 1.500-2.000), como dos visitantes ao areal de Baldaio e os seus restaurantes e cámpings que, obviamente, multiplícase en época estival.

“Estamos a falar dunha zona que carece de beiravías, e a súa anchura roza límites de paso contiguo para dous vehículos”, apuntou o Lorenzo, quen engadiu que o tramo é unha recta na cal se alcanzan velocidades elevadas, co consecuente perigo que iso supón para os veciños e visitantes da zona. Desde o Partido Popular aproveitaron para subliñar o feito de que, na súa opinión, non ten moito sentido que o goberno local de Carballo –encabezado polo BNG, que tamén co-goberna a Deputación de A Coruña- presente un plan especial para poñer en valor a zona costeira do municipio e, con todo, dixo Lorenzo, non se incida na mellora dos accesos ás praias.

“Xa sabemos que os anuncios e as promesas son o ‘modus operandi’ do Goberno desta Deputación. Estamos afeitos a que os compromisos queden sempre en papel mollado, por iso, neste caso, pedimos que ese proxecto se redacte canto antes e que se cumpran o prazo dunha actuación que é fundamental para a seguridade viaria da zona”, concluíu Lorenzo.

29 oct 2021 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.