Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O PSOE solicitará no Parlamento unha residencia de maiores para Ponteceso

O portavoz do grupo socialista, Luis Álvarez, e o alcalde pontecesán, Lois García Carballido, acordaron presentar no Parlamento unha batería de iniciativas para reclamarlle á Consellería de Política Social que constrúa unha residencia de maiores en Ponteceso na parcela ofrecida polo Concello, “e así contribuír a mellorar as condicións de vida das persoas maiores así como das súas familias”, ao tempo que se colabora no marco de acción do Plan de impulso demográfico de Galicia para afianzar poboación.

Trátase dunha parcela de 4.600 metros cadrados, propiedade do Concello e calificada para construír esta infraestrutura, que foi ofrecida na última xuntanza do Consorcio Galego de Servizos Sociais. Malia que daquela o goberno galego declinou a oferta, o alcalde impulsou a iniciativa parlamentaria "diante do agravio comparativo cos concellos de Ribeira e Santa Comba, que si disporán da infraestrutura", afirman.

Así, os socialistas galegos reclámanlle á Xunta que asuma en Ponteceso “o mesmo compromiso que acadou cos concellos de Santa Comba e Ribeira” para construír infraestruturas para os maiores. Lembran que o concello ten unha poboación de 5.500 habitantes, máis de 1.700 por enriba dos 65 anos, o 32 por cento da poboación. O Concello de Malpica ten 1.750 maiores de 65, Laxe, máis de 900, Cabana de Bergantiños, máis de 1.400, e Coristanco supera os 1.900 maiores.

A única infraestrutura da zona para as persoas maiores é o centro de día de Cabana de Bergantiños, polo que os socialistas galegos consideran “imprescindible que as veciñas e os veciños de Ponteceso e do oeste de Bergantiños conten cunha residencia de maiores que evite o éxodo dos habitantes cara outros núcleos de poboación”.

10 feb 2023 / 19:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.