Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Rosal fíxase en varios proxectos de Carballo

bergantiños. Carballo é un concello de portas abertas, tamén para outras Administracións locais que se interesan pola súa xestión e por distintos programas municipais. Igual que fixeron no seu momento Cedeira, Ponteareas ou Tomiño, este mércores achegáronse ata a capital de Bergantiños membros do goberno do Rosal (Pontevedra), encabezados pola súa alcaldesa, a nacionalista Ánxela Fernández, que foi recibida polo seu homólogo, Evencio Ferrero.

Na axenda figuraban como principais asuntos os contratos reservados para centros especiais de emprego, nos que o Concello de Carballo ten ampla experiencia; os proxectos de arte urbana, que están a encher de cor a vila con máis de 90 murais; iniciativas pioneiras como o Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, e o proceso de transformación do espazo público mediante actuacións reurbanizadoras e de recuperación da rúa para a veciñanza.

13 oct 2021 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.