Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Obradoiro na Laracha de apoio ás coidadoras de persoas dependentes

Será impartido pola Fundación Mujeres en catro sesións todos o mércores de novembro

A Laracha. O Concello larachés e a Fundación Mujeres, coa colaboración da Deputación da Coruña, organizará un novo obradoiro presencial de apoio integral a coidadoras de persoas dependentes residentes en zonas rurais.

A iniciativa é concebida como un recurso de orientación, acompañamento e apoio a distintos niveis (emocional, formativo, de activación persoal e social) que será un complemento aos recursos xa existentes de apoio á dependencia.

A formación impartirase na planta baixa da biblioteca municipal da Laracha os catro mércores de novembro (días 4, 11, 18 e 25) de 10.30 a 12.30 horas. A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse no departamento de Servizos Sociais chamando ao 981 612811 ou acudindo con cita previa ao edificio administrativo da Laracha.

O obxectivo é contribuír a mellorar a calidade de vida das mulleres coidadoras, excoidadoras e futuras coidadoras e promover o seu desenvolvemento persoal e social aprendendo a demandar apoio de xeito eficaz e fomentando hábitos de vida máis saudables. Na metodoloxía do obradoiro primarán as actividades grupais dirixidas a reforzar as relacións sociais a través da interacción con mulleres que están na mesma situación, segundo informan desde o Concello. J. M. R.

21 oct 2020 / 16:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.