Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 10 agosto 2022
17:34
h

Os rapaces desfrutan en Carballo coa Vila do mañá

CARBALLO. Despois de practicar na casa creando estruturas con fíos de cores, o sábado os rapaces de Carballo tomaron o parque de San Martiño (foto) coas súas madeixas de la, e, coa axuda do equipo técnico do proxecto A vila do mañá, convertérono nun enorme espazo lúdico. Con outro elemento, un marco de papel, esta semana tamén empezaron a enmarcar os elementos arquitectónicos que son importantes para eles. “Levei unha grata sorpresa, porque por primeira vez aparece Derrubando muros con pintura dentro dos marcos, algo que na edición do 2018 non sucedera”, destaca a arquitecta Sandra González, directora do proxecto. O próximo reto colectivo é a construción, hoxe, dun muro vexetal na rúa Vila de Noia despois de que os nenos prepararan os recipientes nos que se plantarán as sementes. O equipo do proxecto escolleu tres plantas diferentes –cabaza, millo e feixóns– para que medren no primeiro horto vertical urbano. c.c.

30 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito