Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Peregrinación de Afaber dentro da campaña ‘... e lémbrate do Alzhéimer’

Carballo. A Federación Alzhéimer Galicia retomou a súa andaina solidaria con motivo do Día Mundial do Alzhéimer. Tivo lugar o sábado 10 de setembro no Monte do Gozo e percorreu as rúas de Santiago ata chegar ao parque de Bonaval. A andaina tivo como obxectivo sensibilizar, visibilizar e reclamar máis recursos e investigación para unha enfermidade neurodexenerativa en alza. Dende Afaber acudiron á andaina un grupo de familiares de persoas afectadas por esta enfermidade, persoas socias e integrantes da directiva.

Indicar que este vernes, día 16, no xardín traseiro do local de Afaber, na rúa Camelias, o presidente da entidade, Jesús María Villar, presentará, xunto á tesoureira, María Vilariño, o cartel e as actividades con motivo do Día Mundial do Alzhéimer de 2022.

A campaña do Día Mundial do Alzhéimer comezou este mes de setembro baixo o lema ... e lémbrate do Alzhéimer. Unha campaña que pretende sensibilizar ás administracións e ás persoas en xeral de que a única forma de preservar a memoria destas persoas o maior tempo posible é lembrarse delas. arca

15 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.