Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Piden a mediación da Xunta no conflito de Protección Civil co alcalde de Ponteceso

A xunta directiva da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ponteceso reuniuse esta semana coa secretaria territorial da Consellería de Presidencia, Patricia Rodríguez, e co xefe do Servizo de Emerxencias provincial, Victor M. Vázquez, co fin de “solucionar a delicada situación na que se atopa a agrupación”, afirman.

Aseguran que “dende o ente autonómico non dan crédito a maneira de actuar do alcalde ante feitos coma o de excluir da vacinación, pese a ser persoal esencial, a certos voluntarios sen explicación algunha, e enviando a outras persoas que non o eran”. Acusan ademais ao rexedor de retirarlle os vehículos aos membros da xunta directiva “para mantelos na base operativa pero, contrariamente, atopanse en vivendas privadas”. Consideran que pretende “realizar un golpe de estado contra a directiva e poñer a dedo a xente que nin está dada de alta, ou dispoñer a voluntarios para traballos que nada teñen que ver coa Protección Civil, sendo usados só para o interese persoal”.

Logo da xuntanza mantida cos responsables autonómicos, aseguran ter o “firme compromiso para empregar todos os medios necesarios para dar fin a esta situación o mais axiña posible, para que Protección Civil de Ponteceso poida volver a dar un servizo digno a todos os veciños”.

10 jul 2021 / 21:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.