Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Piden ao Concello carballés un plan de axudas para a hostalería e o lecer nocturno

Carballo. O concelleiro do PP e deputado autonómico Rubén Lorenzo reclama ao Concello de Carballo un plan de axudas dirixido ao sector da hostalería e o lecer nocturno. Faino despois de manter unha reunión con representantes do ramo, “co fin de amosar o apoio do noso grupo a uns sectores que están soportando unha complicada situación provocada pola Covid-19”, afirmou.

Destacou que, neste momento, son dos máis perxudicados polo que “a sociedade e as distintas administracións teñen que facer o posible para devolverlles o sacrificio que fan polo ben común e a protección da saúde”. Na xuntanza, os hostaleiros transmitíronlle a súa preocupación pola “falta de axudas tras un peche obrigado e, o que é máis lastimoso para as súas economías, a pesar de que non teñen ingresos se lles seguen pasando cargos como recibos de autónomos, taxas do lixo e terrazas”, entre outros.

Lorenzo Gómez comprometeuse a que o PP presentará no pleno ordinario unha iniciativa con distintas demandas para levar a cabo unha mellora fiscal que axude a paliar a situación que están a pasar. Entre elas figuran a exención de taxas de terrazas para 2021; a rebaixa da taxa de lixo para os negocios que teñen unha merma de actividade e a exención para os que sofren peches obrigados polas restricións; rebaixa no IBI dos locais e axudas directas. Pedirán tamén a exención do pago das taxas e permisos de obra necesarios para adaptar os establecementos á nova situación derivada da crise sanitaria actual. MANUEL LAVANDEIRA

05 nov 2020 / 18:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.