Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ponteceso convida a camiñar na noite

O Concello organizará oito rutas entre o 16 de xullo e o 3 de setembro

O Concello de Ponteceso organiza unha nova edición do programa Camiñar na noite, que este ano contempla oito rutas de seis quilómetros cada unha. Botaranse a andar o venres, día 16 de xullo, dende a capital municipal cara O Couto e A Graña. Nos seguintes roteiros percorrerán Tella (23 de xullo), Corme Aldea (30 de xullo), Pazos (6 de agosto), Corme Porto (13 de agosto) Brantuas e Niñóns (20 de agosto), A Bugalleira (27 de agosto) e Cores e Nemeño (3 de setembro). As prazas son limitadas e haberá que inscribirse de luns a xoves de cada semana, de 9.00 a 14.00 horas. Terán preferencia as persoas empadroadas no municipio, segundo informa o alcalde, Lois García. Todas as rutas darán comezo ás 22.00 horas e rematarán ás 00.30, aproximadamente.

10 jul 2021 / 21:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.