Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Posta en valor do conxunto etnográfico do lavadoiro do Piñeiro, en Entrecruces

O presuposto, para a reforma que está a piques de finalizar, está próximo aos 50.000 euros

Carballo. O conxunto etnográfico do lavadoiro do Piñeiro, na parroquia de Entrecruces, ofrece xa un aspecto totalmente renovado, aínda que o proxecto de reforma e adecuación do espazo público non está completamente rematado. O Concello de Carballo está a desenvolver unha mellora que responde á petición da veciñanza a través do Consello Parroquial e que permitirá poñer en valor un conxunto singular dentro do Concello cun investimento próximo aos 50.000 euros. O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, puideron comprobar o avanzada que está a execución do proxecto.

No perímetro da actuación atópanse un muíño e hórreos de titularidade privada que están incluídos no catálogo de protección do PXOM. O proxecto incluíu a demolición do antigo lavadoiro, chanzos, muros, varandas e soleira de formigón para crear un novo espazo con muros e pavimento de pedra, rampla de acceso, un lavadoiro e varandas. As canalizacións de auga potable foron substituídas e soterradas e tamén se creará unha presa no regato para o abastecemento do lavadoiro. A limpeza e o arranxo da fonte pública completará a reforma, que está a executar a empresa local Vázquez y Reino.

07 nov 2020 / 13:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.