Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Premios á creatividade dos escolares laracheses

A LARACHA. O alcalde, José Manuel López, e a concelleira de Cultura e Ensino, Patricia Bello, fixeron entrega dos doce agasallos aos premiados nos concursos de postais e contos de Nadal organizados polo Concello. Os galardoados no Concurso de Postais na categoría A (educación infantil) foron as aulas de 4º do CEIP Alfredo Brañas, 5º do CEIP Otero Pedrayo e 6º do CEIP de Caión. Na categoría B (primeiro ciclo de educación primaria) os premios leváronos Naia Abeleira (2ºC do CEIP Otero Pedrayo), Yosra Zekraoui (2ºA do CEIP Otero Pedrayo), e Xela Torreiro Gómez (1º do CEIP Alfredo Brañas). Pola súa banda, na categoría C (segundo ciclo de educación primaria) foron premiados Helia Pérez Vicente (4º do CEIP de Caión), Román González Otero (4º do CEIP Alfredo Brañas), e Martín Martínez Pita (3ºA do CEIP Otero Pedrayo). E no Concurso de Contos os gañadores foron Inés Suárez Boquete (5º do CEIP Otero Pedrayo) por Rumbo antes de Nadal; Daniela Añón Nogueira (6º do CEIP Alfredo Brañas) por Juguetes Navideños; Marcos Rodríguez Pérez (6º do CEIP Alfredo Brañas) por La ilusión 2021

En todos os casos os premios consistiron en libros, material educativo e xogos adaptados ás idades dos gañadores. O xurado que valorou todos os traballos presentados e outorgou os premios estivo formado por persoal técnico municipal e representantes dos CEIPs Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco e Caión.

26 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.