Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Presentadas xa máis de 400 alegacións ó parque eólico de Coto Loureiro

A Laracha. O movimento en defensa de Soandres-Montemaior-Cerceda vai solicitar unha reunion urxente cos alcaldes de A Laracha e Cerceda para expoñerlles, en periodo de alegacións, a posición dos veciños. Aseguran que a campaña de informacion á veciñanza dos efectos do proxecto de parque eólico Coto Loureiro “está sendo un exito. En apenas unha semana sumamos aproximadamente 400 alegacións presentadas, casi todas dos afectados e sen contar as que se presentan directamente por internet.

Dende a Asociación Ambiental Senda Nova súmanse as reivindicacións veciñais xurdidas para impedir as construcións “destes proxectos baseados na especulación enerxética e que pretenden instalarse a carón das nosas aldeas sen contar coa veciñanza. Galicia, con xa máis de 4000 eólicos, ten sementado xa boa parte do territorio de chatarra que non impedíu que o acceso á enerxía eléctrica siga sendo a través dunhas facturas en condicións abusivas para ás galegas e galegos”, afirman.

Nos novos proxectos, engaden, os eólicos triplican a altura dos ata agora coñecidos. “Mentres noutras zonas de Europa a distancia de seguridade ás aldeas tamén se multiplica, en Galicia as empresas eólicas seguen a plantexar os proxectos coas distancias antigas, nunha posición abalada por unha lexislación sorprendentemente inxusta”.

“As afectacións á paisaxe e patrimonio son incalculables en proxectos novos que pouco teñen que ver cos antigos parques eólicos” sinalan.. Tamén as afectacións “á saúde dos mesmos, ás que se engaden liñas de evacuación, pistas para mástiles estratosféricos ou voaduras para zapatas de uns 1200m2 de formigón, que ameazan os mananciais de auga que sempre deron de beber ás nosas aldeas”.

Por todo isto, dende o colectivo ambiental suscriben os manifestos de plataformas e movementos veciñais como o da Plataforma en Defensa do Monte Neme e o Movemento en Defensa de Soandres, Montemaior e Cerceda, “que se opoñen de xeito frontal e decidido a estes tipos de proxectos contrarios á paisaxe, o patrimonio, a saúde e o medio natural das nosas aldeas, e á desvalorización dos terreos, que rematarían por botar á veciñanza do rural”, subliñan.

Por todo isto fan un chamamento á mobilización da veciñanza e tamén das asociacións de veciños, culturais, deportivas..., así como ás administracións públicas locais “a rexeitar de forma decidida este xeito agresivo de decidir sobre o noso rural”.

27 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.