Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Publicadas as listas provisionais de nenos admitidos nas escolas infantís de Carballo

O Concello destina este ano preto de 175.000 euros para as 133 prazas actuais

Carballo. A xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar publicou onte as listaxes provisionais de nenos e nenas admitidos/as e de agarda para o vindeiro curso 2021-22 na rede A Galiña Azul, na que están integradas as dúas escolas infantís públicas do Concello carballés (A Braña e Landras).

As familias dispoñen dun prazo de 5 días hábiles, do 11 ao 18 de maio, para realizar reclamacións. Estas deben presentarse na escola infantil que corresponda e no horario que determine o centro. Unha vez resoltas as alegacións publicaranse as listas definitivas.

As escolas infantís da rede pública son sostidas coas achegas das familias e con fondos públicos da Xunta e dos concellos, que achegan a metade do custo de cada praza. O Concello de Carballo contribuirá neste curso 2020-21 cunha partida de 174.900 euros polas 92 prazas existentes na escola da Braña e as 41 das Landras, na que tamén asumen o mantemento, a limpeza e a enerxía eléctrica.

11 may 2021 / 11:49
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.