Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Recadan máis de dous mil euros para La Palma no concerto benéfico de Malpica

O Concello de Malpica a e Asociación Cultural e Deportiva Salitre lograron recadar un total de 2.075 euros a través da celebración do concerto benéfico Isla Bonita o pasado 23 de outubro. A axuda destínase a asociacións animalistas da illa de La Palma, que segue a estar afectada pola erupción do volcán de Cumbre Vieja.

O evento, que tivo lugar en Canido, contou coa participación dunha ducia de bandas de Malpica e doutras zonas da provincia da Coruña. Entre os grupos e artistas convidados estiveron o Mago Carlangas, Meigallo da ACD Carcaxía, Gaiteiros da AC Malante, Salitre no Pupitre, Xurxo Souto, O Pau Ke Vira, Juampiños, Improvisóns, Cantareiras da AC Raigañas, Las Antonias, Amenaza de Muerte e DJ SIL.

Tanto o Concello como a Asociación Salitre queren trasladar o seu agradecemento ás máis de vinte entidades e empresas colaboradoras na causa, entre as que se atopan a Confraría de Pescadores de Malpica, Super MM, Aliprox, Tenda da Tía Carmen, Librería Miguens, Cartafol, Comestibles Varela, Carnicería Lola, Carnicería Moncho, Panadería La Trigalia, Panadería Forno Novo, Adozarte, Restaurante Casa Antonio, Submarino, Bar Santiago Apóstol, A Taberna do Lesto, Bar Humboldt, Cafetería Don Paco, Bar Larada, Bar Dársena, Club Patín Velúa, ACD San Xulián e UD Cerqueda. Tamén a F3 Vídeo e Damián Varela, encargados de cámara e fotografía, así como a Rakelua Coiro e Fátima Bermúdez, do apartado de decoración.

Neste sentido a concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro, estendeu “a gratitude de todo o goberno local a todas as veciñas, veciños e visitantes que se achegaron a Canido nunha xornada coa que se pretendeu aportar un pequeno grao de area co que facilitar a recuperación económica nunha situación dramática para centenares de familias”. “Malpica acaba de demostrar unha vez máis a súa profunda solidariedade e implicación cunha causa que non obedece a factores xeográficos, senón que se corresponde cun xesto de apoio humanitario”, destacou.

26 oct 2021 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.