Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Recepción en Ponteceso ás arqueiras e arqueiros da AD Flechas por un Tubo

Leonor Andrade proclamouse campioa galega e competirá xunto con Lucía Castro e Aroa Vigueret no vindeiro Campionato de España de tiro con arco

O alcalde de Ponteceso, Lois García, recibiu no concello aos integrantes da Asociación Deportiva Flechas por un Tubo, de Corme, que preside Jesús Antonio Allo, para felicitalos polos éxitos acadados.

Hai que lembrar que a arqueiras Leonor Andrade Varela (campioa galega) e Lucía Castro Fondo (medalla de bronce) volveron a subir ao máis alto do podio na quinta tirada da Liga Galega de Tiro con Arco en Sala e Torneo Federación Luis Vera Moreno, celebrados en Soutomaior (Pontevedra). Lucía acadou o primeiro posto da competición e Leonor o segundo, asegurándose ademais os puntos mínimos necesarios para acceder ao Campionato de España.

Tamén fixeron unha excelente labor as arqueiras alevíns Aroa Vigueret Martínez, que acadou o terceiro posto na súa categoría, logrando tamén a clasificación para o Campionato de España, e Jimena Extremera Toja, que quedou en sexto posto.

Lois García animounas a seguir nesta senda para poder colleitar novos éxitos e convidou a todos os veciños e veciñas a facer deporte porque é sinónimo de saúde.

13 ene 2023 / 20:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.