Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Recepción oficial en Carballo ao piloto alevín Daniel Díaz Rama, campión de Castela e León de motocross

A familia agradeceu o apoio e o recoñecemento do Concello de Carballo á constancia e o esforzo do novísimo deportista

Daniel Díaz Rama case aprendeu a andar en moto antes que a pé. Tivo a primeira cando celebrou o seu terceiro aniversario, e agora, con só oito anos, vén de proclamarse campión de Castela e León de motocross na categoría alevín. Hoxe, acompañado polo seu pai, foi recibido polo alcalde, Evencio Ferrero, nun acto no que tamén participou o xerente de Carballo Deporte, Francisco García Bello, que ademais é --un gran afeccionado aos deportes de motor.

“Daniel tiña moitas gañas de coñecer ao alcalde”, dixo seu pai. Hoxe puido cumprir ese desexo, ademais de recibir de mans de Evencio Ferrero un dos moitos trofeos que seguramente vai recoller ao longo da súa carreira deportiva. “Pero este é especial, -díxolle o rexedor-- porque é o símbolo de Carballo”. A Daniel encantoulle o carballo de Sargadelos que o Concello utiliza como agasallo institucional.

O pai do novísimo deportista agradeceu o apoio do Concello de Carballo “e tamén este recoñecemento a Dani pola súa constancia e o seu esforzo durante estes cinco anos que leva montando na moto. Este recoñecemento, engadiu, danos un empuxón e, se cadra, un punto máis de motivación para o vindeiro ano, no que seguiremos levando o nome de Carballo por todo o territorio nacional”.

A próxima tempada, Daniel cambiará de categoría e tamén de moto. “Despois dunha gran tempada este ano, tanto no mundial como no campionato de España de motocross dos pilotos galegos Jorge Prado, Rubén Fernández e Yago Martínez, nós estamos encantados de traer para Galicia, e para Carballo, o título de campión de Castela e León alevín”, asegurou o pai de Daniel, que tamén quixo agradecer o apoio dos patrocinadores Turismo Carballo, Carballo Deporte, Cronoracing, Bar Galicia, Motopasion Store, Automecánica Álex Rama, CR Motos “e o noso club Amigos das Motos Clásicas de Bergantiños. Todos eles axudaron neste campionato”, rematou.

O alcalde lembroulle a Dani que, ademais de seguir competindo, hai que estudar e seguir sacando boas notas. Dani, que é alumno do CEIP Pluriliingüe A Cristina, comprometeuse a facelo.

19 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.