Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Recollen residuos especiais en Malpica

Bergantiños. A empresa Collecting Oil está a realizar esta semana unha nova recollida de residuos urbanos especiais en Malpica. O percorrido polas casas comezou este martes e continuará o xoves por Filgueira, A Fonte dos Bois, Seixas, Vilarnovo, Piñeiros, Rúa Ventorrillo, Pedra Queimada, As Neves, A Camuza e Travesía I A Camuza. A última xornada será o venres nas rúas Ventorrillo, Escorial e Emilio González López.

A iniciativa foi promovida pola concellaría de Turismo, Festexos, Policía e Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil, Medio Rural, Mar e Servizos, que preside Alfredo Cañizo. Esta recollida inclúe ata oito tipoloxías de residuos: aceite de cociña usado (de fritura, de conservas); graxas e manteigas; pilas e baterías; bombillas (de baixo consumo, LED e fluorescentes); electrodomésticos e equipos electrónicos; consumibles de impresoras; residuos textís e roupa; e restos metálicos pequenos do fogar: enxoval, tixolas, moldes, ou potas, entre outros. M. L.

08 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.