Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Roteiro máxico polo dolmen de Dombate e o castro de Borneiro

O Concello de Cabana dalle continuidade á programación do seu outono cultural cunha nova celebración do Roteiro Máxico: As Cores do Samaín. A xornada dará comezo a partir das 18.00 horas coa saída desde o Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate para realizar un percorrido ata o castro de Borneiro no que os asistentes están convidados a acudir ataviados con disfraces e candís ou outros elementos luminosos.

A música de O Son do Castro e a animación a cargo de Os Quinquilláns complementarán unha xornada na que as persoas asistentes tamén poderán degustar unha das receitas por antonomasia do outono, as castañas asadas.

Desde o goberno local convidan a participar nunha actividade coa que se pretende manter vixente unha das tradicións máis arraigadas na nosa terra como é o Samaín, ao mesmo tempo que “se propón dinamizar a actividade física e cultural”, indican.

26 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.