Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ruta guiada pola ribeira do Anllóns

Será o sábado, día 19, en Carballo e partirá ás 11.00 horas da ponte de Bértoa

A Concellaría de Cultura e o Instituto de Estudos Bergantiñáns programaron para o sábado, día 19, unha ruta guiada polas ribeiras do Anllóns para dar a coñecer sobre o terreo o contido do libro O río Anllóns. Arteria principal de Bergantiños, un traballo en equipo de Fernando Cabeza Quiles, Evaristo Domínguez Rial, Xan X. Fernández Carrera, Antón García Losada e Luís A. Giadas Álvarez.

Os propios autores serán os encargados de guiar a camiñata, que arrincará na ponte de Bértoa ás 11:00 horas e rematará no Parque do Anllóns sobre as 13:00 horas. Ao final do percorrido realizarase unha sinatura de libros no Pazo da Cultura.

As persoas que queiran participar deben inscribirse previamente enviando os seus datos persoais e de contacto a biblioteca@carballo.gal ou chamando ao teléfono 981 758 580.

14 jun 2021 / 22:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.