Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ruta paisaxística pola contorna de Punta Nariga, en Malpica

O Concello de Malpica, a través da Concellería de Educación e Medio Ambiente, organizou unha ruta paisaxística por Nariga para este venres 27 de agosto. A saída realizarase desde a fonte de Anselmo Villar Amigo, en Malpica, ás 19.00 horas. Será un percorrido en autobús con paradas na Costa, no miradoiro dos Picos de Navás, no miradoiro de Pardavela, na fortificación das Barreiras e con remate no faro de Punta Nariga.

As persoas que desexen participar poderán desfrutar dunha visita ós numerosos gravados medievais que se atopan nestas localizacións. Ademais, Icía Varela interpretará con voz e pandeireta diversas pezas nos miradoiros dos Picos de Navás e no de Pardavela. A cita rematara cun concerto de violonchelo a cargo de Cecilia Burillo en Punta Nariga coincidindo co solpor. Ofreceráselle ás persoas asistentes, ademais, unha degustación de chocolate e roscón para finalizar a visita.

As inscricións poderán realizarse no Centro Cívico en horario de 9.00 a 13.00 horas, a través do 981 707 104 ou no correo anton.noceda@malpicadebergantinos.es ata o venres 27 de agosto ás 14.00 horas. Deberase indicar o nome, DNI e teléfono de cada solicitante. As prazas estarán limitadas a 15 persoas.

26 ago 2021 / 17:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.