Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Seguen os obradoiros e as actividades de Nadal mentres os carballeses agardan ós Reis Magos

O día 5 a planta alta do mercado converterase nunha gran zona de xogos, con propostas para todas as idades

Carballo. O Concello de Carballo está a desenvolver estes días unha ampla variedade de obradoiros e actividades de Nadal no mercado municipal. E é que o goberno local leva realizadas moitas iniciativas dende que comezou o período de vacacións escolares.

A Festa do Apego e varias actuacións de maxia, teatro, música e obradoiros infantís marcaban o ritmo da primeira semana. Os talleres de fabricación de xoguetes con material de refugallo para os máis peques e obradoiros de cociña, empaquetaxe creativa e customización de camisetas para os maiores centraron o programa Este Nadal xogamos para ser iguais, que trata de fomentar a educación en igualdade a través do xogo, ó tempo que afonda na promoción do xoguete non sexista, potencia a creatividade infantil, crea conciencia sobre a reutilización e a reciclaxe, apoia a conciliación e convértese nun elemento de dinamización do mercado municipal de abastos e do comercio da localidade.

Entre o 26 e o 30 de decembro desenvolvéronse un total de 10 obradoiros, en cada un dos cales participaron unha media de vinte nenos e nenas.

Agora falta unha das citas máis especiais, a do día 5, no que se celebrará a tradicional cabalgata. A planta alta do mercado converterase nunha gran zona de xogos con ambientación de Nadal e numerosas propostas: un concurso para cambiarlle as rodas á camioneta de Nadal, inchables multixogos, xogos reciclados, concurso de ordeño da rena, talleres de globos e de figuras xeadas... Propostas para todas as idades e con entrada libre. C.G.

04 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.