Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Segundo premio Pilabot para o colexio de Caión

A laracha. O delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, entregou ao director do CEIP de Caión (A Laracha) o diploma que acredita o segundo premio acadado na segunda edición do concurso de recollida de pilas Pilabot, un certame no que participaron 150 centros de educación primaria e secundaria de toda Galicia e que se saldou coa recollida de preto de 59 toneladas de pilas, acumuladores e baterías usadas, un 34% máis na primeira edición.

Este concurso constaba de dúas categorías: quilos de pilas, baterías e acumuladores recompilados nos contedores dos propios centros e cifras de recollida por alumno. Concretamente, na segunda categoría o CEIP de Caión acadou o segundo premio con 46,41 kg recollidos por alumno, só superado polo Centro Rural Agrupado Amencer de Ribadavia, que acadou o primeiro premio cunha ratio de recollida de case 87 kg por alumno.

En total, os 33 alumnos do centro educativo larachés recolleron 1.531,40 quilos de pilas, o que lles reportou 1.250 euros de recompensa para material escolar ou deportivo. Ademais, o centro recibirá tamén 1.250 euros que serán empregados para a organización de actividades entre os alumnos e para renovar o equipamento de xogos para o recreo.

Trenor animou aos centros educativos a implicarse na terceira edición, que ten 150 prazas dispoñibles. M. L.

10 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.