Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Senda peonil para acceder ás praias malpicás de Barizo, Esteiro e Seiruga

A Deputación da Coruña redactará o proxecto da senda peonil na estrada DP-4306 que da acceso aos areais malpicáns de Barizo, Esteiro e Seiruga. Así llo confirmou o presidente provincial, Valentín González, ao alcalde, Walter Pardo. Este espazo carece actualmente desta infraestrutura, “que se antolla indispensable xa que a empregan a estrada a diario moitos peóns e automóbiles, sobre todo na tempada estival, xa que permite o acceso a tres dos areais máis concorridos do municipio”, afirma o rexedor.

Á vez tamén se mellorarán as comunicacións a pé intermunicipais. Pardo agradece o compromiso “tanto da Deputación da Coruña como do seu presidente”, para redactar un proxecto “que suporá un antes e un despois na vida de moitos malpicáns”.

05 jun 2021 / 19:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.