Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
A asociación Amigos de los Perros dá refuxio a máis de 130 cans e a uns 30 gatos // Durante os meses de confinamento reducíronse as chamadas por abandonos e o número de adopcións // O voluntariado e os donativos da cidadanía son o seu sustento

Solidariedade en tempos de COVID coa protectora de animais carballesa

    Cargando reproductor ...

Dende que se decretou o estado de alarma sanitaria estanse a ver moitas mostras de cariño cara os animais. Se embargo, hai publicadas informacións que fan referencia a un posible aumento do abandono de mascotas ou da existencia de persoas que non poden facerse cargo delas a consecuencia do empeoramento da situación económica actual. Isto fai que se complique, máis ou menos, o día a día nas protectoras de animais. Na parroquia carballesa de Bértoa sitúase a asociación Amigos de los Perros de Carballo, que se afrontou nesta época a certas dificultades.

Hai moitos anos que un número determinado de persoas se adicaban a acoller cans. Cada vez a cifra ía aumentando polo que se viron na obriga de crear a Protectora co obxectivo de darlle un refuxio a todos aqueles que por algún motivo se atopaban desamparados ou sen fogar, para que así poideran vivir saudablemente e en compañía.

Hoxe en día, as súas instalacións contan cun total de 137 cans. A esta cifra hai que sumar os que permanecen en casas de acollida, que soen ser os máis maiores. “Non quere decir que na protectora estean mal pero nunha casa reciben máis cariño e coidados de forma individual”, afirma Araceli Vila Regueira, presidenta da protectora. Ademais, hai persoas que os apadrinan e lévanos para os seus fogares durante as fins de semana. Por outra banda, hai gatos adultos que están en colonias. Estes animais están esterilizados para que non críen. No último reconto Araceli contabilizou 28.

Dende que un animal chega á Asociación poden estar dende os dez días reglamentarios por lei ata meses ou anos. “Hai algúns que están aquí dende que iniciamos esta andaina”, conta.

O perfil de persoa que soe adoptar sitúase entre os 25 e os 45 anos, aproximadamente. “As persoas maiores soen buscar cans guardiáns e despois as familias con nenos están interesados nos cachorros”, aporta.

O persoal que coida estes animais son voluntarios. Entre 8 e 10 persoas túrnanse para levar aos cans ás clínicas veterinarias, limpar os espazos polos que se moven, darlle a medicación, etc. Teñen á sua disposición un veterinario dunha clínica cercana que permanece aberta os sábados e domingos. “Isto axuda porque con tanto can é raro que unha fin de semana non haxa ningún enfermo ou mesmo que recollamos algún en moi mal estado”, apunta. A maiores, dende a protectora intentan colaborar con todas as clínicas da contorna e “que eles colaboren con nós”.

O proceso de adopción é moi sinxelo. O primeiro é realizar unha serie de cuestións para coñecer á persoa interesada. Se dende a protectora consideran que cumple as condicións necesarias, o seguinte paso xa sería firmar o contrato de adopción. Así mesmo, cando se trata de cachorros é preciso asinar un compromiso de castración xa que saen do lugar sen ser esterelizados.

MESES DE COVID: MENOS ADOPCIÓNS E MENOS DONATIVOS. A situación coa que se atopan habitualmente son os abandonos. Ademais sempre hai chamadas de xente que ten que desfacerse da mascota por diversos motivos. “Segue habendo abandonos pero agora co tema da COVID a xente desprázase menos e non fai a denuncia”, considera. En consecuencia o número de adopcións tamén diminuíu. “Son tempos difíciles e só queda asumilo. Se non tes para comer malamente terás para atender ben a un animal”, opina.

En calquera caso, os meses marcados pola COVID non provocaron cambios na atención dos animais e os voluntarios seguiron acercándose á protectora. “En ningún momento a Policía Local ou a Garda Civil nos puxo trabas, ao contario”, destaca. Onde se viron máis perxudicados foi nas donacións. “Antes moita xente podía botar unha man con donativos ou fácendose socio pero a situación ahora non é nada favorable”, di. O bo foi que no mes de marzo a Xunta mandoulles unha considerable partida de penso, do mesmo xeito que tamén o fixeron empresas e particulares.

Ao non contar con suficiente diñeiro idearon unha campaña de recollida de doces para cans co propósito de repartilas durante o Nadal como levan facendo nos anos anteriores. Grazas á colaboración cidadá os animais tamén recibirán un agasallo nestas datas tan especiais.

Vídeo a través do cal coñecemos parte das instalacións nas que habitan os cans na Protectora carballesa. Cedido.

03 dic 2020 / 00:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.