Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Suspendidas as actividades culturais e pechadas as pistas deportivas na Laracha

O Concello pasa a formar parte do territorio do peche perimetral de Bergantiños // Hai 39 casos activos por Covid-19

Tralo anuncio da Xunta de Galicia de que desde esta media noite o Concello da Laracha pasará a formar parte do territorio do peche

perimetral de Bergantiños e a correspondente entrada en vigor das medidas de prevención específicas, hoxe celebrouse unha reunión da comisión municipal de seguimento ante a Covid-19 para analizar a situación actual.

Informouse aos membros da existencia, a día de hoxe, de 39 casos activos con coronavirus no termo municipal da Laracha. A continuación analizaron as principais medidas restritivas que se publicarán no Diario Oficial de Galicia e serán de obrigatorio cumprimento a partir das 00:00 horas, entre as que cabe salientar o peche da hostalería e a limitación das reunións a persoas convivintes, xa sexa en espazos privados ou públicos.

A Policía Local controlará o cumprimento destas normas, reforzando especialmente a súa presenza tanto nas estradas nos límites cos municipios de Arteixo e Cerceda como nos principais puntos de encontro do Concello.

En relación á programación municipal de actividades, acordouse adiar as dúas funcións do programa Venres Teatrais previstas para os días 27 de novembro e 4 de decembro. Tampouco se levará a cabo a andaina polo entorno do río Acheiro programada para este domingo pola mañá. Si que se celebrará mañá sábado na Casa da Cultura a partir das 17:30 horas o espectáculo infantil ‘Os Bolechas e a porta dos camiños’ cunha limitación de aforo de 30 persoas, polo que soamente se permitirá o acceso dun adulto acompañando a cada neno ou grupo de nenos convivintes.

Ademais, pecharanse as pistas de pádel municipais, todas as pistas polideportivas descubertas e o spa do complexo deportivo da piscina municipal.

En relación á feira de Paiosaco, e dado que a próxima está prevista aínda para o 6 de decembro, os membros do comité acordaron aprazar a toma de decisións ao respecto segundo a evolución da situación durante os próximos quince días.

20 nov 2020 / 20:28
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.