Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ultímanse os preparativos para Berocasión, a feira de vehículos de ocasión

CARBALLO. Berocasión cumpre 17 anos “consolidada como a feira do sector máis importante de Galicia”, sinalan dende a organización. E para que siga sendo así, Axober, en colaboración co Concello de Carballo, volve a levar as rendas da organización. O próximo luns día 18 terá lugar a segunda reunión co sector de automoción para continuar cos preparativos e pór en marcha este encontro. O acto celebrarase no segundo andar da praza de Abastos ás 20.30 horas. Nesta reunión, á que convidan a todo o sector que estea interesado en participar, intentarán acordar o inicio do prazo de inscrición para os participantes así coma a aceptación do orzamento definitivo. Na reunión anterior xa se acordaron as datas de celebración: do 1 ao 4 de setembro, engadindo un día máis ao evento en horarios: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. C.G.

17 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.