Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Voluntarios para limpar o castro de Montesclaros da Laracha

Este mércores presentáronse as actividades medioambientais e arqueolóxicas que recolle o programa

A Laracha. A directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, presentou este mércores na Laracha o campo de voluntariado Castro de Montesclaros, enmarcado na Campaña de Verán da Xunta de Galicia. Esta actividade, centrada en obradoiros medioambientais, sendeirismo e distintas excursións turísticas de interese, tamén inclúe iniciativas como xogos deportivos ou a elaboración de debuxos arqueolóxicos.

Os participantes levarán a cabo labores de mantemento no castro, que irán dende a delimitación do terreo ata a súa limpeza coa poda das frondosas e a eliminación da cuberta vexetal. Ademais, traballarase na protección da biodiversidade, animal e vexetal da zona.

A directora xeral, que estivo acompañada polo alcalde, José Manuel López, e concelleiros do goberno, puxo en valor o labor destas iniciativas, porque fomentan “a educación en valores, o traballo en equipo, a cultura solidaria e a preocupación polo medioambiente”. M. L.

16 jun 2021 / 17:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.