Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Volve o Rockin’ Carballo con Janes Joplin como símbolo promocional

Bergantiños. Jimi Hendrix, Jim Morrison, Aretha Franklin e, este ano, Janis Joplin, son os símbolos da nova etapa iniciada polo Rockin’ Carballo no ano 2017. Despois de dous anos de parón obrigado, o festival de música alternativa organizado pola concellería de Mocidade ao redor das festas de San Xoán volve para continuar apostando polos valores emerxentes do rock and roll.

A cita será o 18 de xuño e os nomes dos grupos que pasarán polo escenario coñeceranse en vindeiras datas.“Queremos que o festival dea un salto de calidade en todos os sentidos”, indicou a concelleira de Mocidade e Festas, Maruxa Suárez, quen felicitou tamén ao deseñador carballés Juan Félix Gende “por volver atinar co cartel, no que comparten protagonismo unha icona feminina do rock e as herbas de San Xoán que forman a súa cabeleira”. M. L.

27 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.