Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Xuntanza para avaliar o impacto de parques eólicos en Coristanco e Cabana

O vindeiro sábado, día 25 ás 18.00 horas,. celebrarase na explanada do local social de Cereo (Coristanco) unha xuntanza informativa sobre as afeccións dos parques eólicos Alto do Torreiro e Bustelo Baralláns, organizada pola Asociación de Veciños de Cereo, a Asociación Río Lourido e a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, xunto coa Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra.

Estes dous parques afectan directamente ás parroquias de Cereo e Valenza e ás de Corcoesto e Silvarredonda (Cabana de Bergantiños). Os referidos colectivos aseguran que “en realidade son un único parque, dividido artificialmente para que a súa potencia instalada non exceda dos 50MW. Ambos proxectos son idénticos, comparten liñas de evacuación e a mesma subestación colectora. Por todo isto estamos ante un caso típico de fragmentación irregular, que favorece na súa tramitación a empresa promotora ao non avaliar os impactos non seu conxunto senón fragmentados en dous parques”.

A todo isto, engaden, os impactos que poden ter sobre os veciños pola cercanía dos aeroxeradores ás casas e núcleos de poboación, sobre as fontes de subministro de auga, a fragmentación e deforestación sobre os montes provocadas polas propias infraestruturas, accesos e ñiñas de evacuación, poligonais sobredimensionadas e afección sobre a fauna e a flora.

Os organizadores da xuntanza animan a veciñanza acudir á palestra informativa co obxectivo de informarse sobre os impactos dos parques eólicos sobre as parroquias afectadas, en que estado actual de tramitación se atopan, como será o seu proceso de tramitación e con que ferramentas contamos os veciños para defendernos desta tramitación desregulada e descontrolada de parques eólicos que afectan a toda a Costa de Morte e toda Galiza.

23 sep 2021 / 18:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.