Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A danza vai cobrar protagonismo no programa de primavera en A Estrada

Teatro e música completan unha oferta adaptada as normas do protocolo da COVID

A Estrada. O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, presentou a programación cultural do Teatro Principal de A Estrada para esta primavera, programa que da gran espazo en abril ao Festival de Danza Contemporánea, cuio contido se dará a coñecer a finalis deste mes, que incluirá, se as restricións o permiten, algún evento na rúa. As actividades respetan os horarios e os protocolos sanitarios.

Así, na aposta pola danza, o 5 de marzo a compañía Traspediante presenta unha versión moderna da Cincenta titulado Nina Ninette que abrirá a programación. Xa sábado 10 de abril será a compañía mallorquina Baal Dans a que poña en escena Miramiró, un espectáculo de vídeo mapping que xoga coa obra do pintor Joan Miró e que está a xirar con grande éxito por España.

No eido teatral, para marzo hai programados espectáculos de gran formato dirixidos ao público infantil. Entre eles estará a compañía estradense Bandullo Azul co Mestre ma non troppo, e un espectáculo de novo circo titulado The show moscón da compañía Galitoon. En teatro para adultos, o 13 de marzo a compañía estremeña La Escalera de Tijera trae unha versión clown da Celestina. s. e.

01 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.